TRIVIAL MUSICAL: concerto 5 febreiro

Subimos o concurso para o día 5 de febreiro. Lembrade que aínda está activo o do 30 de xaneiro mais como as datas están moi pretas preferimos activalos en paralelo.
Moi apetecible, coma sempre. Animádevos a participar

Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 5 de febreiro de 2019. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite: é o vindeiro 31 de xaneiro (ata as 10:00 horas)
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  cita un instrumento de corda frotada da oquestra.
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:  define brevemente “sinfonía”.
¡¡¡Moita sorte!!!
 

 Febreiro                                                                                                        

Data: 5 febreiro de 2019, ás 20:30h
Sala: Auditorio de Ferrol

 


Orquestra Sinfónica de Galicia


Director: Dima Slobodeniouk

Guitarra: Pablo Villegas

 Programa:

El Lago encantado (A. Lyadov)

Concierto de Aranjuez (J. Rordrigo)

Sinfonía nº 2 en mi m, Op. 27 (S. Rachmáninov)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS