RECOMENDACIÓN: L'Orfeo (3ª e derradeira entrega)
Rematamos coa 3ª entrega da recomendación de xaneiro, nesta ocasión os actos 4º e 5º...
Fonte: YouTube
Acto cuarto (1:21:10)
Orfeo chegou os infernos e co seu canto logra emocionar a Proserpina.
Esta rógalle a Plutón que lle
permita a Orfeo recuperar a amada Eurídice, facendo referencia o seu antigo
amor. O deus recoñece tamén conmoverse
co canto de Orfeo e finalmente acepta e permite que Eurídice o siga coa
condición de que Orfeo non volva a mirada a súa amada ata que os dous estén
fóra do inferno.
Orfeo parte dos infernos seguido por Eurídice. Cando chegan a superficie Orfeo mira atrás para ver se Eurídice realmente o segue, pero ao facelo a ela aínda lle queda un pe dentro do inframundo e se comeza a desvaecer nun espírito. Orfeo intenta seguila, pero é expulsado do inferno. O coro pecha o acto con esta observación: “Venceu o inferno Orfeo e foi vencido polas súas propias paixóns”.

Acto quinto
(1:38:50)
Orfeo regresa o campo de Tracia
lamentando a súa soidade, vagando sen rumbo e chorando polo seu amor perdido.
O eco repite o seu lamento
tráxico e Apolo, dorido polo sufrimento que lle afecta o seu fillo, descende do
Olimpo e píedelle que o acompañe o ceo, onde encontrará a bela imaxe de Eurídice
no sol e nas estrelas.
Padre e fillo cantan un alegre dúo mentres ascenden ao ceo, onde alcanzarán a alegría eterna.
Padre e fillo cantan un alegre dúo mentres ascenden ao ceo, onde alcanzarán a alegría eterna.
Comentarios
Publicar un comentario