TRIVIAL MUSICAL: concerto 30 de xaneiro
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 30 de
xaneiro de 2019. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha
das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do
Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite: o
vindeiro 25 de xaneiro (ata as 10:00
horas)
PREGUNTA
GRAO ELEMENTAL: define brevemente “soprano”
PREGUNTA
GRAO PROFESIONAL: en que estilos encadrarías aos 3 compositores do programa?
¡¡¡Moita sorte!!!
Xaneiro
Data:
30 de xaneiro, ás 20:30h
Sala:
Auditorio de Ferrol
Real Filharmonía de Galicia
Fonte: http://www.rfgalicia.org/es/conciertos/concierto-en-ferrol-8
Manuel Hernández-Silva, director
Berna Perles, soprano
W. A. Mozart: Obertura de La flauta mágica, KV. 620
W. A. Mozart: Aria “Misera, dove
son”, K.369
L. v. Beethoven: Obertura de Las criaturas de Prometeo
L. v. Beethoven: Aria “Ah, perfido”, op. 65
R. Schumann: Sinfonía nº 3 en Mi b M “Renana”, op. 97
Comentarios
Publicar un comentario