"MUSICREQUES" EN FERROL
Si lembrades, neste curso o CMUS desenvolve un proxecto (dentro
do plan de fomento da música, da lectura e da lingua galega) organizado polos departamentos
de Biblioteca, Normalización Lingüística e Convivencia: unha actividade gratuita para colexios en Ferrol nos que
conviven a música e a lectura a través do grupo profesional
"Musicreques" integrado por dúas profesoras de piano do Conservatorio de Música.
Fonte: Musicreques. San Xoan de Filgueira
No primeiro trimestre realizáronse tres actuacións:
26 de outubro - Ceip Cruceiro de Canido
16 de novembro - San Xoan de Filgueira
14 de decembro - Ceip Almirantre Juan de Lángara
En xeral está a ser todo un éxito: a reacción dos
rapaciños adoita ser estupenda, con moita atención e participación cando
se lles requiere e con felicitacións por parte do profesorado asistente.
Se queredes saber máis sobre "Musicreques":
https://es-es.facebook.com/Musicreques
Y enlazamos coa noticia publicada na Voz de Galicia o 23 de xaneiro:
A Voz de Galicia
Noraboa compañeiras
Comentarios
Publicar un comentario