RECOMENDACIÓN XANEIRO: L'ORFEO de Monteverdi
Nesta entrada -e ao longo de 3 máis- imos a darvos a coñecer a ópera L'Orfeo do compositor Claudio Monteverdi. O autor do texto é Alessandro
Striggio. Esta ópera aínda que non é a primeira, é a que
conservamos na súa totalidade é ademais é unha das óperas máis representadas.
Para que vos poñades en situación unha pouca de información:
Personaxes: a Música ou a musa da música
(mezzosoprano ou soprano); Orfeo (barítono ou tenor); Eurídice (soprano); a
mensaxeira (mezzosoprano ou soprano); a Esperanza (mezzosoprano ou soprano);
Proserpina (mezzosoprano ou soprano); Caronte (baixo); Plutón (baixo); Apolo
(barítono); unha ninfa (soprano); pastores, espíritos, sombras.
Lugar e época: Grecia e as rexións subterráneas do mundo dos espíritos, nunha antigüidade mítica.
Lugar e época: Grecia e as rexións subterráneas do mundo dos espíritos, nunha antigüidade mítica.
Nesta versión a orquestra interpreta a peza con instrumentos da época baixo a dirección do gran Jordi Savall!!!!
Fonte: www. google.es
Prólogo
Tras a entrada instrumental en Re Maior con carácter estrondoso, aparece a
Música (musa da música) facendo alabanzas dos presentes e instándoos a gardar
silencio, e mentres narra a historia de Orfeo, fillo do deus Apolo e a musa
Calíope.
Acto primeiro (8:57)
Nun
prado no medio do campo, ninfas e pastores celebran con alegría o día
esplendoroso no que se casarán o mítico cantor da Tracia, Orfeo, e a súa amada,
a ninfa Eurídice. Cantan un dos pasaxes corais más representativos da época,
«Lasciate i monti», 12:44 e 18:35.
Orfeo
relata como se namorou dela e esta responde co mesmo fervor. Logo vai coas súas
compañeiras a recoller flores para facer coroas con elas. Pastores e ninfas
continúan coas súas danzas e alegres cantos mentres reinan a alegría e a felicidade.
Seguiremos a subir os actos 2º a 5º próximamente :)
Saúdos da biblioteca
Comentarios
Publicar un comentario