TRIVIAL MUSICAL: concerto 16 xaneiro
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana,
a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro 16 de xaneiro de 2019. Para participar teredes
que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis
abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite: o
vindeiro venres 11 de xaneiro
(ata as 10:00 horas)
PREGUNTA
GRAO ELEMENTAL: define brevemente un barítono
PREGUNTA
GRAO PROFESIONAL: Elixe un dos poetas que aparecen no programa do concerto e
mándanos un poema (ou anaco dun poema) del.
¡¡¡Moita sorte!!!
Xaneiro
Data: 16 xaneiro
Lugar: Teatro Jofre
Fonte:
google.es
Gabriel Alonso, barítono
Programa:
Cuatro Canciones Coloniales
(Carlos Guastavino/León Benarós)
Marcha Oriental (Enrique
Granados)
Marinero en tierra (Rofolfo
Halfter/Rafael Alberti)
Dos Canciones de García Lorca
(Miguel Ortegal/Federico García Lorca)
El café de Chinitas (Federico
García Lorca)
Evocación (Isaac Albéniz)
Canción del carretero
(López-Buchardo /Gustavo Caraballo)
Pueblo, mi pueblo (Carlos
Gustavino/ Francisco Silva)
Besos en mis sueños (Augusto
Brandt/Alfredo Sadel)
Comentarios
Publicar un comentario