CONCURSO "RETOS MUSICAIS": Bases
BASES:
1. Participantes: alumnado do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cada alumna/o pode participar unha vez.
2. Requisitos: responder correctamente a cada un dos TRES retos histórico-musicais propostos no blog da biblioteca: http://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com
- O reto nº 1 publicarase o día 31 de xaneiro
- O reto nº 2 publicarase o día 7 de febreiro
- O reto nº 3 publicarase o día 14 de febreiro
3. Respostas: cada participante deberá escribir nunha folla a resposta do reto xunto cos seus datos (nome completo, curso, número do reto e resposta). Exemplo:
Nome: _____________________
Curso: _____________________
Resposta:
Reto 1:_____________________
Tamén se poderá concursar nunha única participación a partir da publicación do reto nº 3 tendo que responder aos tres retos tal que así:
Nome: _____________________
Curso: _____________________
Respostas:
Reto 1:_____________________
Reto 2:_____________________
Reto 3:_____________________
4. Prazo e lugar de entrega: as respostas deberán ser introducidas nunha urna que se colocará na biblioteca, desde o luns 31 de xaneiro ás 16:00h ata o 17 de febreiro ás 21:00h.
5. Selección: o xurado, constituído por docentes e persoal non docente, realizará un sorteo entre os participantes; a coordinadora de biblioteca descartará previamente as participacións que non respondan de xeito correcto ás tres respostas. Para poder concorrer neste concurso será necesario participar nos 3 retos, ou ben contestar aos tres retos nunha única participación.
O resultado do sorteo farase público o 18 de febreiro na biblioteca ás 13:00h.
6. Premio: haberá un premio consistente nun vale de 30€ para a merca de material musical.
7. A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
Comentarios
Publicar un comentario