4 DE XANEIRO: DÍA MUNDIAL DO BRAÏLLE
O BRAÏLLE é un sistema alfabético en relieve ideado para representar letras, signos de puntuación, números, escritura científica, símbolos matemáticos e música.
O alfabeto braille consta de celas elevadas de seis puntos, dispostas como unha matriz de tres filas por dúas columnas, que se numeran de forma convencional de arriba abaixo e de esquerda a dereita. A presenza ou ausencia de puntos permite a codificación dos símbolos. A través destes seis puntos obtéñense 64 combinacións diferentes.
Tamén hai signos distintivos especiais para converter a letra maiúscula, cursiva, número ou nota musical.
Este sistema de escritura é utilizado por persoas cegas ou con algún tipo de carencia visual para ler libros e publicacións, e considérase un medio de comunicación.
Na actualidade existen bibliotecas en Braïlle como TIFLOLIBROS. Aquí deixamos este vídeo para que lle botedes un vistazo!
Comentarios
Publicar un comentario