RECOMENDACIÓN DO MES
Un mes máis, temos unha recomendación dun interesante libro da nosa Biblioteca
‘El triunfo de la música’ - Tim Blanning
Se viramos a vista cara atrás, veremos que o valor dun artista cambiou moito ao longo da Historia. Ata ben entrada a Idade Media, as obras de arte eran anónimas e cando comezaron a a aparecer os primeiros nomes aos pes das pezas, ninguén lles deu máis importancia ca que podía ter un zapateiro. Eran tempos nos que a obra eclipsaba á persoa, sendo este pouco máis cun mensaxeiro dos deuses, un máis que transportaba a divinidade a través das súas creacións.
No 1700 os artistas xa tiñan sinatura, aínda que o seu poder era máis ben escaso. Mozart, hoxe considerado un dos máis reverenciados compositores da Historia da Música, foi expulsado da Corte do Arzobispo de Salzburgo. Naquela época, o seu virtuosismo só o chegou a convertir nun servo das altas esferas. Vida e milagros dos artistas e xenios do antaño.
A Editorial Acantilado acaba de publicar “El triunfo de la música”
Tim Blanning examina neste brillante libro como todo, dende o culto ao romántico ata a tecnoloxía e os viaxes, alimentou o inexorable crecemento da música en Occidente convirtiéndola no arte mási dominante. Ésta é unha historia fascinante de poder, mecenazgo, creatividade e xenio que abrangue cantantes de baladas, grandes compositores, lendas do jazz e deuses do rock.
Cunha didáctica introducción, que repasa a historia documentada, na que se repasa, entre otros apuntes, a prohibición dos faraóns de Exipto de alterar as cancións tradicionais, o a acción de Orfeo na Grecia clásica ante os argonautas, a perseveración de Platón porque a música se incluíra nos estudos, pasando pola prohibición de Calvino e Ulrico Zuinglio, que consideraban que a música ofrecía demasiado placer e lascivia, ou polas dificultades para ser músicos de autores como Claudio Monteverdi, John Sebastian Bach e Joseph Haydn, o autor adentrase na Historia da Música, buscando os cambios que houbo ata chegar a actualidade.
Espero que vos guste
Comentarios
Publicar un comentario