Esta Semana Santa: Xeorutas

 


Desde o próximo sábado 28 de marzo e ata o domingo 5 de abril, haberá diferentes actividades polos distintos concellos que abrangue o Xeoparque Cabo Ortegal: desde xeorutas a pé ou a cabalo, ata a vía ferrata da Senda do Santo.

As actividades están adaptadas a todo tipo de públicos e as persoas interesadas deben reservar previamente a súa praza a través do sitio web geoviajesortegal.com, no que figuran os detalles específicos para cada unha das iniciativas, incluídos o prezo e os horarios.
Animádevos a coñecer o patrimonio natural da nosa contorna!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Artigo sobre Xan Viaño

Manifesto IFLA_UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025