TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de maio
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 5
de maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas
que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro luns 2 de maio
(ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Cal é este
instrumento?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Cita os dous autores do programa do
concerto da Real Filharmonía que son barrocos.
¡¡¡Moita sorte!!!
Maio
Data:
xoves 5 de maio, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
REAL
FILHARMONÍA DE GALICIA
James
Dalghren, director-concertino
Programa:
B. Britten (1913-76). Fandare for St. Edmundsbury
F.
Mendelssohn (1809-47). Sinfonía nº 2 en re mayor
Petronio
Franceschini (1651-1680). Sonata en re mayor
C.
Monteverdi (1567-1643). Tocata de L’Orfeo
E. Grieg (1843-1907). Suite Holdberg Op. 40. Dos melodías elegíacas Op.
34 “Heridas del corazón” y “La última primavera”
Comentarios
Publicar un comentario