17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicado a  Luisa Villalta (A Coruña 1957 - 2004)

Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual poliédrica que traballou en distintos campos, e en todos ben: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas.

Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

No 2024 Luísa Villalta vai ser homenaxeada co Día das Letras Galegas, sendo a sexta muller nas 61 edicións.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

EXPOSICIÓN: OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NOS CÓMICS DE ASTÉRIX