CONCURSO DE CARTEIS
A biblioteca do CMUS “Xan Viaño”, José
Fontenla Leal, convoca un concurso de CARTEIS
BASES:
1.
Participantes: alumnado do CMUS “Xan Viaño” de Ferrol. Cada alumno/a
poderá participar unha vez.
2.
Tema do cartel: “A igualdade na música”. O cartel debe
transmitir o concepto de igualdade no mundo da música en xeral ou no
conservatorio en particular. Poderase empregar calquera técnica sempre que a
obra non exceda dun DIN-A3 que poda ser doblado.
3.
Prazo: as propostas poden
ser entregadas desde o día 5 de febreiro ás 16:00 ata o día 5 de marzo ás
21:00.
4.
Entrega: as propostas deben ser introducidas nunha urna que se disporá a tal efecto
na biblioteca dentro dun sobre cerrado tamaño DIN A-4 e firmado con
pseudónimo.
Dentro
do sobre incluirase a seguinte información baixo plica:
- o nome completo do/a autor/a
- o título da obra
- instrumento, curso e grao que cursa no conservatorio.
5.
Selección: un xurado,
constituído por docentes e persoal non docente, outorgará 3 premios. Poderase
descartar algunha das proposta e os premios poderán declararse desertos, se así
se estima conveniente. A decisión do xurado será inapelable.
6.
Premios: haberá tres premios:
- 1º premio: axenda, lote de CDs e un vale de 20€ para a merca de material musical.
- 2º premio: axenda e lote de CDs e unha entrada para o concerto
organizado pola Sociedad Filarmónica Ferrolana do 27 de marzo
- 3º premio: axenda.
A todos os participantes se lles
fará entrega dun diploma acreditativo.
7.
Propiedade intelectual: os
carteis serán expostos na biblioteca
do Conservatorio. Poderán ser publicados no blog da biblioteca ou noutros
documentos. Todos os traballos presentados deben ser inéditos e orixinais.
Calquera contido empregado, así como calquera reclamación en relación con eles,
son responsabilidade exclusiva do/a autor/a.
8.
A
participación neste concurso implica a aceptación das bases.
Animádevos a participar!
Comentarios
Publicar un comentario