Blog da Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol
XEOGRAFÍAS SONORAS: "de Rusia a Persia"
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
XEOGRAFÍAS
SONORAS: “DE RUSIA A PERSIA” (Scheherezade)
“SHEHEREZADE” (1888) - N. Rimsky-Korsakov
Prólogo:
Penetrando nas profundidades da fría estepa rusa atopamos unha das principais cidades que
integran o Oblást de Leningrado, Tijvin (en ruso: Тихвин),
cidade que gardou sempre unha relación moi estreita coa maxestosa San
Petersburgo debido á súa proximidade. Ámbalas dúas cidades serán fieis
testemuñas históricas no paso do tempo do noso protagonista de hoxe, Nikolái
Andréyevich Rimski-Kórsakov (1844-1908), por ser escenario da súa
traxectoria como músico. Este compositor, pedagogo e director ruso foi un dos
principais representantes do movemento romántico-nacionalista ruso no que ao
rexurdimento musical se refire, e principal compoñente do grupo de compositores
chamados como “os cinco” ( xunto con M. Balákirev, C. Cuí, M. Mussorgsky
e A. Borodín), manifestou as súas dotes compositivas dende distintos
prismas musicais tendo como referente a orixe argumental das súas músicas.
Obras como “A
Gran Pasqua Rusa”, “Capricho Español” ou “Scheherezade”
forman parte do seu elenco de pezas sinfónicas que representan distintos
escenarios musicais cun aroma moi persoal narradas en distintas localizacións
do orbe. Esta é, sinxelamente, parte da herdanza musical que deixou este gran
compositor e que a día de hoxe segue sendo un salientable repertorio a
interpretar por orquestras profesionais de primeira fila. Así pois, Scheherezade
é a obra escollida para escoitar de fondo nesta viaxe que agora nos traslada as
cálidas areas persas.
Argumento:
Scheherezade é a protagonista deste conto,e
coma gran narradora que é, decidiu plantar cara ao cruel Sultán Shahriar que
tiña por costume desposar e decapitar a unha muller cada noite. Este fatídico
hábito comezou hai xa tres mil días cando desafortunadamente descubriu á que
era por aquel entón a súa muller, enganándoo con outro. Polo tanto, e malia a
crueldade da escena, xa asasinara a tres mil mulleres virxes.
A nosa Scheherezade
tiña un plan que acabaría con esta barbarie dunha vez, como nova concubina do SultánShahriar, a primeira noite comezou a narrar un conto interminable cuxo
final estaba habilmente prolongado para non rematar, así pois, podería
continuar unha noite máis con vida xa que o Sultán mantiña toda a súa atención
en saber como remataría este conto. Despois de mil e unha noites de
relato e coa mellor das habilidades narradoras, Scheherezade,
maxistralmente conseguiu introducir no conto unha serie de valores subliminares
que fixo que o Sultán convertérase nunha persoa bondadosa que acabou
namorándose dela.
Obra:
Esta obra é unha
suite (conxunto) dividida en catro movementos:
II. «A historia do príncipe
Kalendar»: Lento — Andantino — Allegro molto — Con moto en Si
menor.
III. O novo príncipe e a nova
princesa»: Andantino quasi allegretto — Pochissimo più mosso —
Come prima — Pochissimo più animato en Sol Mayor.
IV. «Festival en Bagdad»: Allegro
molto — Vivo — Allegro non troppo maestoso en Mi mayor.
Para que poidades
escoitar un esbozo do seu estilo, déixovos un fragmento do seu segundo
movemento confeccionado por solos instrumentais que, neste caso, ten
como protagonista ofagot para representar o tema principal que
é, á súa vez, o tema que identifica a Scheherezade coa seguinte melodía.
E para completar,
aquí podedes escoitar toda a obra completa na versión da nosa Orquestra
Sinfónica de Galicia (OSG) da man do director finés Leif Segerstam grabada en
2015.
Despois de escoitar
esta marabillosa obra, que vos pareceu? Realmente, non sentistes como a melodía
vos transportaba ata as cálidas areas persas que rodeaban o palacio do sultán?.
Se queredes descubrir máis paisaxes engaiolantes sen saír da vosa habitación,
recoméndovos facer unha procura das obras de Rimsky-Korsakov e elixir cal será
o próximo destino a visitar.
Hola a tod@s: Coma primeira publicación do noso blog neste novo curso, publicamos un artigo publicado na revista do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Poderedes comprobar que hai referencias a imaxes que non reproducimos neste artigo por motivos informáticos e que vos invitamos a consultar se queredes na propia revista. Si quixerades ter unha copia da mesma, poñédevos en contacto Quique (responsable da Biblitoteca) e vos darei unha copia moi gustasemente. Espero que vos guste. (...) Nubens: La obra póstuma ¿inacabada? de Xan Viaño Javier Jurado Xan Viaño fue un compositor autodidacta dotado de una gran creatividad. Su catálogo, aunque escaso, abarca una amplia variedad de géneros y estilos. Su obra póstuma, Nubens, para orquesta de cuerdas, ha sido injustamente considerada como inacabada, dando lugar a que sólo se interpretase el primer movimiento, titulado Nubens blancas. Este artículo presenta una breve semblanza biográfica del compositor ferrolano para a conti...
Noa Nistal Liñares, pianista. Julia López García, saxofonista. Presentámosvos as nosas voluntarias deste ano na biblioteca do Conservatorio, que están a participar no Programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Chámanse Noa que se etá a formar como pianista e Julia que se estrea este ano co saxo. Levan tres semanas co equipo de biblioteca a aprender o que facemos nela. De momento xa coñecen como ordenamos e etiquetamos os fondos -xa sexan libros, partituras ou outro tipo de soportes- e tamén están a colaborar na actualización das etiquetas das partituras instrumentais e na dinamización das actividades que facemos na biblioteca. Moitas grazas a estas voluntarias que queren axudar a aprender o que se cociña na biblioteca do Xan Viaño !! E se alguén quere participar como voluntario o próximo curso, estade atentos ao blog .... Grazas Noa e Julia !! O Equipo de Biblioteca
A Real Academia salda unha débeda co feminismo e co xornalismo: Begoña Caamaño , Letras Galegas 2026. A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a protagonista das próximas Letras Galegas. Así o anunciou este venres a Real Academia Galega (RAG) nunha rolda de prensa no pazo de María Pita, en A Coruña, onde a institución ten unha das súas sedes mentres se reforma o seu edificio na cidade. O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, subliñou que as Letras do 2026 serán «unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño». Ademais, sinalou que tamén serve para poñer o foco nos xornalistas «nun momento histórico oportuno para isto». Sobre a súa obra, indicou que aborda a mitoloxía clásica e artúrica. En canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica». Seguir lendo en La Voz de Galicia
Comentarios
Publicar un comentario