ALUMNADO: "XEOGRAFÍAS SONORAS"
Trataríase de elixir unha peza musical relacionada coa vosa especialidade (ou non) e facer unha pequena entrada deixándovos levar.
As vosas entradas serían publicadas no blog da biblioteca. O contido dentro do lema é libre: podedes comentar por qué a elixístedes, como a descubrístedes, por que vos gusta, que significa para vos, se grazas a ela pudistedes viaxar a outros sitios ou épocas (reales ou non), coñecístedes a outros autores, etc... Podedes insertar videos, audios, debuxos, enlaces, etc... Pode ser da nosa cultura ou non... A idea é compartir anacos das vosas "xeografías sonoras".
As vosas entradas enviaranse ao correo da biblioteca (bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com) e no asunto especificade: "Alumnado: Xeografías sonoras". A data límite para a recepción das entradas para o blog será o 30 de abril.
Cando rematemos de colgar as vosas entradas, sortearase un lote de material musical entre todos os participantes.
Aquí tedes as Instruccións de participación
Para calquera dúbida, os membros do equipo de biblioteca (Pablo e Águeda) quedamos a vosa disposición. Animádevos.
Comentarios
Publicar un comentario