XEOGRAFÍAS SONORAS: comezo da viaxe


 Hoxe 11 de xaneiro, día dos usuarios/as das bibliotecas,  anunciamos que no blog da biblioteca comezaremos pronto unha pequena viaxe titulada "Xeografías sonoras" inspirada no lema das Bibliotecas Escolares deste curso: "Xeografías lectoras". Se queredes saborear a inspiración convidámonos a ler o artigo  Xeografías lectoras na biblioteca escolar, publicado no número 80 de EDUGA (revista galega do ensino) por Chelo Gundín e Mª José Pousa, onde "convídase a explorar todas as posibilidades da lectura", e tamén da escoita.

 A partir de xaneiro pois, e namentres dure a nosa particular viaxe, colgaremos semanalmente entradas feitas por profesores/as do centro que nos inviten (parafraseando o artigo de Chelo e Mª José e transportándolo ao noso material sonoro) a "cartografiar a escoita" con música que:

- convide a viaxar, que nos permita chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa).

- nos leve á exploración e a investigación.

- axude a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de aplicar a nosa visión, de "escoitar" o mundo.

- nos axuden a comprender mellor o noso mundo, e coñecer e entender o mundo dos outros.

- que constrúa a nosa identidade de escoita, a nosa xeografía sonora.

- repare e cure, que achegue á práctica da escoita desde o propio corpo

- que relacione música e cartografía, de mapas reais e imaxinarios".


 Estade atentos ás publicacións e boa viaxe! 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS