DOAZÓN: NOVIDADES EN QUINTETO DE VENTO


Grazas á doazón de ZOAR, temos novidades en quinteto de vento (MC.Q 42 e CD-MC.Q/LÓP/gar):

"Este ano 2022 celébrase o centenario do nacemento do compositor brigantino Carlos López García-Picos, un dos principais nomes da creación musical galega do século XX e fundador da Asociación Galega de Compositores. Un prolífico autor que, entre outros xéneros, se dedicou con xenerosidade á música de cámara, é por iso que non queremos deixar pasar a oportunidade de contribuir á súa difusión nesta salientable efeméride.

 Un dos principais obxectivos da nosa formación é a recuperación do patrimonio musical galego e a súa posta en valor tanto no ámbito cultural como no académico. Hai 5 anos xa seguindo esta liña de traballo finalizamos un proxecto moi ambicioso: unha doble publicación de partituras e cedé coa súa obra completa para quinteto de vento do compositor. Unha edición das partituras de 7 obras, e das súas respectivas partichelas que permitirá interpretar esta música a futuras xeneracións de músicos e músicas. Cremos tamén que pode ser un bo recurso académico nos últimos cursos de grao profesional, polo que gustaríanos realizar a doazón dun xogo de partituras e un cedé para a biblioteca de voso centro". Zoar

www.zoar.es / info@zoar.es

                                                 Consulta a súa disponibilidade en OPAC

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS