TRIVIAL MUSICAL: 11 outubro
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana,
a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro 11 de outubro de 2018. Para participar teredes
que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis
abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro luns 8 de outubro (ata
as 10:00 horas)
PREGUNTA
GRAO ELEMENTAL: Quen é un barítono?
PREGUNTA
GRAO PROFESIONAL: En qué época escribiu Richard Strauss? En que estilo
encadraríalo?
Outubro
Data:
11 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
Real Filharmonía de Galicia
Fonte: http://www.rfgalicia.org/es/conciertos/concierto-en-ferrol-8
José Arriola: La revelación
Máximo Zumalave, director
Javier Franco, barítono
Richard
Strauss: Guntram, TrV 168, Op, 25. Preludio del Acto I
José Arriola: seis poemas de A.
Machado
José Arriola: tres textos de
Cervantes
Jesús Guridi: una aventura de Don
Quijote
Richard Strauss: cuatro
interludios sinfónicos de la ópera Intermezzo, Op. 72, TrV246
Comentarios
Publicar un comentario