TRIVIAL MUSICAL: concerto 12 decembro


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 12 de decembro de 2018. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro 4 de decembro  (ata as 10:00 horas)
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  quen canta máis agudo, unha soprano o unha contralto?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Define brevemente “Réquiem”
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 
 

 Decembro                                                                                                               
Data: 12 de decembro ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
ORFEÓN TERRA A NOSA
 
Miro Moreira, director
Juan Manuel Varela – Alba Díaz, pianos
Aida López, soprano
Pablo Nieves, barítono
 
Programa:
Johannes Brahms: Ein Deutsches Requiem (Un réquiem alemán). Versión de Londres

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

GRANDES LECTORES 22-23