NOVEMBRO: ALBINONI, MÁIS ALÓ DO ADAGIO

Unha das pezas máis coñecidas do Barroco é o famoso Adagio de Tomaso Albinoni. Pero sabedes que en realidade é unha obra escrita polo musicólogo Remo Giazotto en 1945 a partir dun fragmento de un manuscrito de Albinoni?
Ao parecer, o musicólogo atopou entre a ruinas da Biblioteca Estatal de Dresde un manuscrito do compositor italiano, co pentagrama do baixo e seis compases da melodía. Giazzotto traballou sobre o manuscrito ata rematar a composición de Albinoni tal e como o coñecemos hoxe en día. Seica o Adagio de Albinoni non é tanto de Albinoni como de Giazotto…
Mais non teñades dúbida de que o talento musical de Tomaso Albinoni é magnífico, e para mostra os seus concertos para oboe que traemos hoxe ao blog.

 
Non pensades que a entrada do oboe no Adagio do Concerto en Re menor é fermosísima e moi emocionante?
 
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL