Páginas vistas en total

martes, 15 de noviembre de 2011

SEMANA DE SANTA CECILIA

¡Hola a tod@s!

Con motivo da festividade de Santa Cecilia, o vindeiro día 22 de Novembro, celebrarase unha serie de actos que a continuación pasamos a detallar e nos que o Conservatorio (incluíndo, como é lóxico a Biblioteca) tomará parte activa.

Vernes 18 de Novembro de 2011

20:00 h. - Proxección de curtametraxes a cargo do EDLG Xan Viaño no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño". Curtametraxes: 

"Vademécum, Sor Felicia" - Marisa Otero
"Gústame o café" - Marisa Otero

Luns 21 de Novembro de 2011

19:30 h. - Concerto a cargo da Banda Infantil no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño"

Martes 22 de Novembro de 2011

19:30 h. - Concerto a cargo de David Sanmartín (Saxofón) e Ricardo Blanco (Piano) no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño"

Mércores 23 de Novembro de 2011

19:00 h.- Presentación dun método para Guitarra Eléctrica a cargo do profesor Sergio Pena na Biblioteca José Fontenla Leal do noso Conservatorio

19:30 h. - Proxección de curtametraxes a cargo do EDLG Xan Viaño no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño".
20:30 h . - Concerto das gañadoras do Concurso de Solistas (do ano pasado e que non puideron tocar) no salón de actos do Conservatorio co seguinte programa:
II Tempo do Concerto en Re M Op. 10 RV 428 "Il Giardellino"- A. Vivaldi
Carla Fernández - Flauta Solista
Andrea Trillo - Violoncello
Iria Hevia - Clave

Concerto en Re M para Oboe e Cordas - A. Marcello
I .Andante spiccato
 II. Adagio
III. Presto
Iria Folgado - Oboe Solista
Sabela Hughes - Violín I
Enrique Agrelo - Violín II
Saúl García - Viola
Andrea Trillo - Violoncello

Tod@s os interesados en realizar máis actividades, podedes poñervos en contacto co Vicedirector, Marcos Galán, que vos guiará e aconsellará para todo aquelo que desexedes.

Esperamos vervos e que vos gusten estas actividades.

Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario