Páginas vistas en total

miércoles, 23 de abril de 2014

SEMANA DO LIBRO - DO 22 A 30 DE ABRIL

Hola a tod@s

Un ano máis e grazas a colaboración da Central Librera Ferrolana, celebraremos o Día do Libro (ou do idioma, como se celebra noutros países), cunha exposición de libros con temática musical e que poderedes consultar e, si estades interesados, mercalos cun desconto dun 10% sobre o precio que aparece. Dita exposición estará presente dende o día 22 ata o 30 de Abril no horario de Biblioteca.

Aqueles que estedes interesados en mercar algún exemplar, poñédevos en contacto con Quique (podedes preguntar en conserxería) ou deixade recado en conserxería.

Esperamos que vos guste. 

Aquí tedes un par de fotografías de como queda a nosa Biblioteca ca devandita exposición.




No hay comentarios:

Publicar un comentario