Páginas vistas en total

martes, 7 de abril de 2015

Materiais dos Encontros PLAMBE15 e Ángel Carracedo

Os pasados 12 e 13 de marzo de 2015 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015, coa asistencia de 550 profesoras e profesores, responsables das bibliotecas escolares integradas neste programa da consellería. 
En redEB, o espazo moodle de Bibliotecas Escolares de Galicia, están dispoñibles xa os materiais destes encontros, co fin de que os equipos de bibliotecas e todo o profesorado interesado poida acceder ás presentacións dos relatores e a outras informacións de interese sobre os contidos do programa. 
Entre os materiais dispoñibles, a versión pdf do cómic VIVIR NO SOLO, con guión de Marilar Aleixandre, editado co gallo da celebración do ano 2015 como Ano Internacional dos Solos. Esta publicación, da Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo en Galicia, coa colaboración do concello de Santiago de Compostela, foi distribuída nos encontros de forma que puidese chegar, en formato impreso, a todas as bibliotecas do Plan de mellora. Na nosa biblioteca está tejuelado en I-65 (*R5320)
Nos encontros distribuíuse tamén o libro "Choven palabras no futuro" editado pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Cultura) en colaboración con GALIX, co gallo da conmemoración dos 25 anos desta Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.  Na nosa biblioteca catalogado como I 64 (*R5319).
 
 
Dentre todos os materiais vos enlazamos o video da conferencia de peche: "A importancia de espertar a curiosidade e o gusto polo coñecemento" por Ángel Carracedo. Paga a pena escoitalo...
 
 Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario