Páginas vistas en total

miércoles, 13 de diciembre de 2017

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 8 de xaneiro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro luns 8 de xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro mércores 20 de decembro (ata as 10:00 horas).


PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Define “ligadura de unión”

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Comenta moi brevemente o que é unha sinfonia.
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 Xaneiro                                                                                                 
Data: luns 8 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

 
 
Orquestra Joven de Galicia
Director: Krzysztof Penderecki,
Violín: Saraya Shöji
Programa:
Penderecki: Concerto para violín e orquestra nº 2,
 “Metamorphosen”
Dvorák: Sinfonía nº 7

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario