Páginas vistas en total

jueves, 24 de enero de 2013

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DÍA 31 DE XANEIRO DE 2013

Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL


De novo, neste ano 2013 continuamos con esta iniciativa que tan boa acollida está tendo no noso Centro, en estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG); a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  ofertará dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 31 de Xaneiro e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver.
Recordamos que, tendo en conta que hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos a devandita entrada, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos). 
Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Xoves 31 de Xaneiro as 20:30 no Teatro Jofre ca seguinte programación:


ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA
Dir.: JOSEP PONS
CASEY HILL, oboe
Programa:

Cliffs of Moher. Concertino para oboe y orquesta - Javier Martínez Campos

Pausa

Sinfonía nº 8 - D. Shostakovich


A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Mércores día 30 de Xaneiro (ata as 12:00 h. da mañá).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
Altura é o mesmo que:
  1. Medida
  2. Lonxitude
  3. Tono

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
¿Onde se escribe a anacrusa?
  1. Ao principio da partitura
  2. No papel...¡Vaia pregunta!
  3. Na primeira lña


Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario