Curso de dirección coral infantil e xuvenil

Os días 26, 27 e 28 de abril de 2013 no CMUS Profesional Xan Viaño terá lugar un Curso de dirección coral infantil e xuvenil organizado polo departamento de Linguaxe Musical. O profesor, Basilio Astulez, non só é un dos directores de coro máis prestixiosos a nivel nacional e internacional senón que destaca, ademáis, pola súa enorme calidade docente e humana que, sen dúbida, farán deste curso unha experiencia altamente recomendada e motivadora para o alumnado de grao elemental e profesional. 

O curso está dirixido a:

Alumnado de grao elemental (coro infantil).

Alumnado de grao profesional (coro xuvenil).

Profesores de música, directores de coro, alumnado de grao superior e cursos avanzados de grao profesional interesados na dirección coral (dirección coral).

Nos seguintes enlaces poderás gozar do seu traballo:

Leioa Kantika Korala

Vocalia Taldea

Para máis información podes descargar desde aquí o boletín de inscrición.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS