Páginas vistas en total

lunes, 21 de septiembre de 2015

TRIVIAL MUSICAL: CONCERTO INAUGURAL DA TEMPADA 2015-2016


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 2 de Outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 28 de Outubro (ata as 10:00 horas).
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: O violín é un instrumento de corda frotada, ¿poderías enumerar outro par de instrumentos da súa família?
 
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: No concerto do día 2 escoitarase unha obra do Barroco, ¿saberías dicir cal é?
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 Outubro                                                                                                  
Data: venres 2 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
 
Orquestra Sinfónica de Galicia
 
Guy Braunstein, violín e dirección (ex concertino da Filarmónica de Berlín)
Massimo Spadano, violín
 
Programa:
J. S. Bach (1685-1750).  Concerto para dous violines en re menos (BWV 1043)
W.A. Mozart (1756-1791). Sinfonía nº 33 en si bemol mayor KV 319
L. v. Beethoven (1770-1827). Concerto para violín en re mayor Op. 61

No hay comentarios:

Publicar un comentario