TRIVIAL MUSICAL: CONCERTO INAUGURAL DA TEMPADA 2015-2016

Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 2 de Outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 28 de Outubro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: O violín é un instrumento de corda
frotada, ¿poderías enumerar outro par de instrumentos da súa família?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: No concerto do día 2 escoitarase
unha obra do Barroco, ¿saberías dicir cal é?
¡¡¡Moita sorte!!!
Outubro
Data:
venres 2 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
Orquestra Sinfónica de Galicia
Guy Braunstein, violín e dirección (ex concertino da Filarmónica de Berlín)
Massimo Spadano, violín
Programa:
J. S. Bach (1685-1750). Concerto para dous violines en re menos (BWV 1043)
W.A. Mozart (1756-1791). Sinfonía nº 33 en si bemol mayor KV 319
L. v. Beethoven (1770-1827). Concerto para violín en re mayor Op. 61
Comentarios
Publicar un comentario