Páginas vistas en total

lunes, 9 de noviembre de 2015

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO: O PEQUE CORO DO XAN VIAÑO

Este é o resultado sonoro da gravación que fixo o Peque Coro o pasado Maio no Auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño de Ferrol polo noso compañeiro Sergio Pena.
 
A presentación do CD, coma sempre moi coidada,  inclúe no seu interior unha preciosa foto de todos os pequecoristas xunto con Catuxa Pita Evia (peque directora) e Alexandra Pita Evia (peque pianista).
Chama a atención a marca de auga coa partitura do tema "No Viaño" e a póla dunha cerexeira que tanto significado teñen para o Coro.
 
Abaixo copiamos o seu contido, que como podedes ver inclúe pezas compostas por dous de nosos compañeiros (Bego e Teo).
 
Contenido
1. Canon de Bego. Begoña Álvarez
co Trío Dumas: Martín Suárez Álvarez (violín), Marta Formoso Pico (chelo), Elisa Esperante Guimaré (piano)
2. Vamos Bebendo. Teo Ramírez
3. Dodi Li. Nira Chen. Arranxo de Dorren Rao
4. Si cien sierras. David Azurza
5. El perro de San Roque. David Azurza
6. No Viaño. Leonard Bernstein
Saxofón: Iago Díaz-Garzón Dopico e Marta Rodríguez Cascón
 
En biblioteca temos un exemplar doado amablemente polo ANPA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario