Páginas vistas en total

lunes, 29 de febrero de 2016

RECORDATORIO TRIVIAL MUSICAL - Concerto 16 de marzo


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 16 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro mércores 9 de marzo (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿dentro de qué instrumentos clasifícase o piano?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Brevemente, ¿qué diferencias hai entre un piano de cola e un piano vertical?
¡¡¡Moita sorte!!!

 
Marzo                                                                                                  

Data: mércores 16 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
 CONCIERTO DE PIANO

Andrey Gugnin, ganador do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”

Programa:

1ª Parte

Vsevolod Zaderatsky (1891-1953). Preludio y Fuga en Re Mayor

Nikolay Medtner (1880-1951). Sonata Romántica

Mily Balakirev (1837-1910). Islamey

2ª Parte

Jean Sibelius (1865-1957). Piezas Op.85 nº 1, 3, 4; Op. 75 nº 2, 4, 5; Impromptu Op. 5 nº 5

F. Chopin (1810-49). 12 Estudios Op. 25

No hay comentarios:

Publicar un comentario