TRIVIAL MUSICAL. Concerto 16 de marzo
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores
16 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das
preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do
Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro
mércores 9 de marzo (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿dentro de qué instrumentos
clasifícase o piano?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Brevemente, ¿qué diferencias hai
entre un piano de cola e un piano vertical?
¡¡¡Moita sorte!!!
Marzo
Data:
mércores 16 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
CONCIERTO
DE PIANO
Andrey
Gugnin, ganador do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”
Programa:
1ª
Parte
Vsevolod
Zaderatsky (1891-1953). Preludio y Fuga en Re Mayor
Nikolay
Medtner (1880-1951). Sonata Romántica
Mily
Balakirev (1837-1910). Islamey
2ª
Parte
Jean
Sibelius (1865-1957). Piezas Op.85 nº 1, 3, 4; Op. 75 nº 2, 4, 5; Impromptu Op.
5 nº 5
F.
Chopin (1810-49). 12 Estudios Op. 25
Comentarios
Publicar un comentario