Páginas vistas en total

viernes, 9 de diciembre de 2016

TRIVIAL MUSICAL, 9 de xaneiro 2017


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro luns 9 de xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o 20 de decembro martes  (ata as 10:00 horas).
 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Cántas sinfonías compuxo Beethoven?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Cita algunha outra peza composta por Prokófiev que non estea no programa do concerto
¡¡¡Moita sorte!!!
 Xaneiro                                                                                                  
Data: luns 9 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Joven de la OSG
 
L.V. Beethoven (1770-1827): Concierto para piano y orquesta nº 5 op 73 "Emperador"
S. Prokófiev (1891-1953): Sinfonía nº 5 op 100

  

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario