PREMIOS EXCELENCIA MUSICAL 2015
Desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa envíannos este lote de Cds, froito da gravación efectuada nos estudios de grabación Mans de A Coruña polos artistas noveles premiados no "X Premio á Excelencia Musical 2015" que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou en colaboración coa Fundación Paideia Galicia durante o mes de decembro de 2015.
Estes premios tratan de impulsar a promoción daqueles alumnos que rematan estudos nos conservatorios superiores de música de Galicia coas máximas cualificacións, co fin de premiar o seu esforzo e colabrorar ao seu desenvolvemento profesional cunha formación artística de calidade.
Desde a Dirección Xeral esperan que estas interpretacións, que representan o traballo que se está a facer dende os conservatorios sexan do noso agrado.
"1997", Daniel Otero Carneiro e Alejo Amoedo Portela
"Beethoven y Ravel", Noemí Salomón
"Conversaciones", Eva Fernández Rodríguez, Jorge Briones Martínez, Ignacio Fernández Rodríguez e Carla Figueroa Vila
"Cantos da terra", Marina Penas e Rodrigo Portela
"Illa de Nós", Enrique Alberto Martínez.
Aproveitamos esta entrada para enlazar ca páxina dela Xunta onde publícanse a relación dos premiados na convocatoria 2016:
Enlace: Premiados nos XI Premios á Excelencia Musical
Un saúdo desde biblioteca
Comentarios
Publicar un comentario