Páginas vistas en total

lunes, 23 de enero de 2017

TRIVIAL MUSICAL, 9 de febrero


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 9 de febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 3 de febreiro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: O concerto inclúe a tuba como instrumento solista. Cal de estes instrumentos é unha tuba?

A                                        B.                                                                  C.

  
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Comenta brevemente o estilo dun dos compositores do programa.
¡¡¡Moita sorte!!!
 Febreiro                                                                                                  
Data: xoves 9 de febreiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
  
José Trigueros, director 
Jesper Nielsen, tuba

Leo Weiner (1885-1960): El príncipe Csongor y los duendes
F. Mosquera (1957 - ): Concierto para tuba y orquesta
H. Dutilleux (1916 - 2013): Sinfonía n.2 Le Double

No hay comentarios:

Publicar un comentario