TRIVIAL MUSICAL, 19 de xaneiro
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 19 de xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 16 de xaneiro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Cantas cordas ten un violoncello?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: todo o programa do concerto pertence ao Barroco ¿verdadero ou falso?
¡¡¡Moita sorte!!!
Xaneiro
Data: xoves 19 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
Orquestra Sinfónica de Galicia
Andrés Salado Egeas, director
Asier Polo, violonchelo
A. Copland (1900-90): Fanfare for the Common Man
A. Ginastera (1916-83): Concierto para violonchelo n.2
W. Lutoslawski (1913-94): Concierto para orquesta
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Asier Polo, violonchelo
A. Copland (1900-90): Fanfare for the Common Man
A. Ginastera (1916-83): Concierto para violonchelo n.2
W. Lutoslawski (1913-94): Concierto para orquesta
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario