Páginas vistas en total

miércoles, 4 de abril de 2012

RECOMENDACIÓN DO MES

Un mes máis, temos unha recomendación dun interesante libro da nosa Biblioteca

‘El triunfo de la música’ - Tim Blanning

Se viramos a  vista cara atrás, veremos que o valor dun artista cambiou moito ao longo da Historia. Ata ben entrada a Idade Media, as obras de arte eran anónimas e cando comezaron a a aparecer os primeiros nomes aos pes das pezas, ninguén lles deu máis importancia ca que podía ter un zapateiro. Eran tempos nos que a obra eclipsaba á persoa, sendo este pouco máis cun mensaxeiro dos deuses, un  máis que transportaba a divinidade a través das súas creacións.

No 1700 os artistas xa tiñan sinatura, aínda que o seu poder era máis ben escaso. Mozart, hoxe considerado un dos máis reverenciados compositores da Historia da Música, foi expulsado da Corte do Arzobispo de Salzburgo. Naquela época, o seu virtuosismo só o chegou a convertir nun servo das altas esferas. Vida e milagros dos artistas e xenios do antaño.




A Editorial Acantilado acaba de publicar “El triunfo de la música”, unha obra do profesor de Historia Moderna de Europa na Universidade de Cambridge, Tim Blanning, que no 2007 gañou o Premio Literario "Enid McLeod", ademáis de ser profesor nunha das máis pretixiosas institucións como é o Sidney Sussex College e do Royal Academy of Arts. Neste volumen, Blanning analiza os cambios que dende principios do século XVIII ata agora ,favoreceron a figura do músico. Cen anos despois das desgracias de Mozart, o poderoso Guillermo I fixo un viaxe para asistir ao estreo do Anel e ofrecer a Wagner todo tipo de homenaxes. Hoxe en día os músicos son estrelas multimillonarias con máis poder cos políticos. Xa no século XXI, Bono regala consellos aos políticos de medio mundo e, ao parecer, moitos deles o escoitan con atención. É evidente que os tempos cambiaron e Blanning dá fe delo.

Tim Blanning examina neste brillante libro como todo, dende o culto ao romántico ata a tecnoloxía e os viaxes, alimentou o inexorable crecemento da música en Occidente convirtiéndola no arte mási dominante. Ésta é unha historia fascinante de poder, mecenazgo, creatividade e xenio que abrangue cantantes de baladas, grandes compositores, lendas do jazz e deuses do rock.

Cunha didáctica introducción, que repasa a historia documentada, na que se repasa, entre otros apuntes, a prohibición dos faraóns de Exipto de alterar as cancións tradicionais, o a acción de Orfeo na Grecia clásica ante os argonautas, a perseveración de Platón porque a música se incluíra nos estudos, pasando pola prohibición de Calvino e Ulrico Zuinglio, que consideraban que a música ofrecía demasiado placer e lascivia, ou polas dificultades para ser músicos de autores como Claudio Monteverdi, John Sebastian Bach e Joseph Haydn, o autor adentrase na Historia da Música, buscando os cambios que houbo ata chegar a actualidade.

Espero que vos guste

No hay comentarios:

Publicar un comentario