Páginas vistas en total

lunes, 19 de octubre de 2015

ASOCIACIÓN CULTURAL CUE: MÚSICA POR SIRIA

Cartel dos concertos


 O pasado venres 19 o Peque Coro do Xan Viaño actuou no Conservatorio Superior de Música da Coruña nun concerto solidario a favor dos refuxiados da guerra de siria organizado pola Asociación Cultura Cue.
A Asociación ten como obxectivo concienciar do problema do conflito a través da música, como medio para difundir a mensaxe de paz e cos fondos recadados a través da venda dun CD contribuir económicamente a través da ONG Oxfam Intermón.

 
O Peque Coro
 
   O Peque Coro deleitou con catro temas e destácase o "Canon de Bego", unha canción composta pola nosa compañeira do conservatorio Begoña Álvarez.


 
1. Canon de Bego. O Peque Coro do Xan Viaño
2. El Abandono. Cía Campillo
3. Movimiento III de la sonata Op. 19- Rachmaninov. Dúo Bacewicz
4. Buscando la solución. José Ángel Colorado
5. Nana para Marco. Pablo Rodríguez
6. Ultramarinos. Julio Suárez y Backyards
7. Si dolce è'l tormento- C. Monteverdi. La Xácara
8. No me digas. Alber Ponte
9. O Farías da Telheira. Os Dous de Sempre
10. Non direi que non. Birimbao
11. Oda a la Paz/Madre en Siria. Dúo Bacewicz 

 
 Se queredes colaborar hai exemplares á venda en Conserxería (10€/CD).
Agradecementos ao ANPA do Xan Viaño que ademáis de facernos a crónica do concerto mercaron un CD que donaron á biblioteca.
 
 
Galería de imaxes
 cedidas amablemente polo fotógrafo Isidro Cea
 
 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario