TRIVIAL MUSICAL. Concerto 29 de Outubro
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 29 de Outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro martes 27 de Outubro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Cita alomenos 3 instrumentos da familia da corda frotada.
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Saberías dicir cal é a diferencia entre unha orquestra de cámara e unha orquestra sinfónica?
¡¡¡Moita sorte!!!
Outubro
Data: xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
Orquesta de Cámara Galega
Rogelio Groba Otero, director
Alena Baeva, violín solista
Programa
1ª parte:
G. F. Handel (1685-1759).
Passacaglia en sol menor (HWV 432)
G. Tartini (1692-1770). Sonata para
violín “Il trino del diavolo” (versión para violín solista e orquestra de
cordas)
2ª parte:
R. Groba Otero. Divertimento para
cuerdas
L. Boccherini (1743-1805). Sinfonía
en re menor “La casa del diavolo”
Comentarios
Publicar un comentario