TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de novembro
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 5
de Novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das
preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do
Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse
por estricta orde de chegada dos correos e
poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro martes 3 de
Novembro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Unha pregunta de linguaxe musical. Define armadura.
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Por qué é coñecida a terceira sinfonía como "Heroica"?
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Unha pregunta de linguaxe musical. Define armadura.
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Por qué é coñecida a terceira sinfonía como "Heroica"?
¡¡¡Moita sorte!!!
P rograma:
Novembro
Data: xoves 5 de Novembro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Rafael Payaré, director
Jean-Guihen Queyras, violonchelo
J. Sibelius (1865-1957): La hija de
Pohjola
E. Elgar (1857-1934). Concierto para
violonchelo en mi menor Op. 85
L. v. Beethoven (1770-1827):
Sinfonía nº 3 “Heroica” en mi bemol mayor, Op. 55
Comentarios
Publicar un comentario