Páginas vistas en total

martes, 20 de octubre de 2015

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 29 de Outubro

 
 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 29 de Outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro martes 27 de Outubro (ata as 10:00 horas).
 PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Cita alomenos 3 instrumentos da familia da corda frotada.
 
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Saberías dicir cal é a diferencia entre unha orquestra de cámara e unha orquestra sinfónica?
 
¡¡¡Moita sorte!!!



Outubro                                                                                                

Data: xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

Orquesta de Cámara Galega
 
Rogelio Groba Otero, director
Alena Baeva, violín solista
 
Programa
 
1ª parte:
G. F. Handel (1685-1759). Passacaglia en sol menor (HWV 432)
G. Tartini (1692-1770). Sonata para violín “Il trino del diavolo” (versión para violín solista e orquestra de cordas)

2ª parte:
R. Groba Otero. Divertimento para cuerdas
L. Boccherini (1743-1805). Sinfonía en re menor “La casa del diavolo”

No hay comentarios:

Publicar un comentario