Páginas vistas en total

miércoles, 24 de enero de 2018

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 9 de febreiro 2018


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 9 de febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 5 de febreiro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: define “armadura”
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: en qué tonalidade está a Sinfonía nº 6?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Febreiro                                                                                                 
Data: venres 9 de febreiro, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre



  
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Pierre Bleuse, director
Honegger: Pastorale d’été
Roussel: Concerto para pequena orquestra
Beethoven: Sinfonía nº 6 “Pastoral”

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario