TRIVIAL MUSICAL - Concerto 25 de xaneiro 2018
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 25
de Xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas
que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro
luns 22 de Xaneiro (ata as 10:00 horas)
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: a qué familia instrumental pertence o violín?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: para qué formación está composta a “Noche
transfigurada”?
a.
Sexteto
de cordas
b.
Orquestra
sinfónica
c.
Concerto
para piano
¡¡¡Moita sorte!!!
Xaneiro
Data: xoves 25 de xaneiro, a las 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
ORQUESTRA SINFÓNICA
DE GALICIA
Klaus Mäkela,
director
Javier Perianes,
violín
Schumann:
Obertura, scherzo e finale
Bartók:
Concerto para piano nº 3
Schoenberg: Noche transfigurada
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario