TRIVIAL MUSICAL - Concerto 9 de febreiro 2018
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a
Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro venres 9 de febreiro. Para participar teredes
que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis
abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro luns 5 de febreiro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: define “armadura”
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: en qué tonalidade está a Sinfonía nº 6?
¡¡¡Moita sorte!!!
Febreiro
REAL FILHARMONÍA DE
GALICIA
Pierre Bleuse,
director
Honegger: Pastorale
d’été
Roussel: Concerto
para pequena orquestra
Beethoven: Sinfonía
nº 6 “Pastoral”
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario