Páginas vistas en total

miércoles, 5 de octubre de 2016

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 20 de outubro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 20 de outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 14 de outubro (ata as 10:00 horas).
 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL (esta é para nota): enumera alomenos 5 instrumentos orquetrais de dúas familias distintas.

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Cántas sinfonías compuxo Anton Bruckner?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Outubro                                                                                                  
Data: xoves 20 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
 
Leif Segerstam, director
A. Bruckner (1824-96): Sinfonía n.8

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario