24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe estamos de celebración e  ímolo celebrar a falar dunha biblioteca especial para a música pois aquí atoparemos, entre outros tesoros, verdadeiras xoias da notación neumática.
 
Abbey Library, St. Gallen. Fonte: www.youtube.com
 
A biblioteca da Abadía non é só a biblioteca mais antiga de Suiza que contén unha única colección de libros e manuscritos, sino tamén unha librería de empréstitos. Posúe preto de 170.000 libros e outros soportes. Libros impresos despois de 1900 poden emprestarse namentres que os mais vellos volumes só poden ser empregados na sala de lectura.
 
Manuscritos e incunables só poden ser vistos na sala de lectura en casos excepcionais mais para dar servizo a estudantes e investigadores que estean interesados nestes documentos, informan na súa páxina de que están en proceso de dixitalización. E tamén poden ser visualizados en internet (www.cesg.unifr.ch) se non temos a sorte de viaxar por alí...

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS