OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS

 
 
A instancias da IASL (International Association of School Librarianship), víñase celebrando nos últimos anos o Día da Biblioteca Escolar, o 4º luns de outubro. Desde o ano 2008, a proposta desta asociación internacional (referente do traballo a prol das bibliotecas nos centros educativos, como  espazos indispensables para o desenvolvemento do traballo docente), é que se aproveite todo o mes de outubro para facer visible no conxunto das comunidades educativas, a importancia da biblioteca escolar e todas as súas posibilidades e recursos.
 
O lema escollido para este ano pódese traducir por "Unha Biblioteca Escolar creada para a Era Dixital" (A School Library built for the Digital Age!). 
 
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS