Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

Así soa a voz orixinal de Castelao: publicado o único rexistro sonoro do escritor galego

Imaxe
O Consello da Cultura Galega vén de compartir unha nova dixitalización do discurso que ofreceu o autor nunha estrea da súa obra de teatro Castelao enviou unha fonopostal a Montevideo para a estrea da súa obra de teatro “Amigos, apenas separado de vós por un tabique, non estou presente, pero creo que vos escoito e vós escoitades o latexo da miña ansiedade. Xa sei que as aspiracións do espírito non se adaptan ás fronteiras da nación e que as obras de arte voan como os paxaros por riba das fronteiras”. Así comeza  o único rexistro sonoro da voz orixinal de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao  (Rianxo, 1886- Bos Aires, 1950). O Consello da Cultura Galega (CCG) vén de publicar unha  nova dixitalización desta fonopostal  que o célebre escritor galego realizou e enviou para a estrea de  Os vellos non deben namorarse  en Montevideo (Uruguai). Co motivo do 75 aniversario do cabodano da  figura de Rianxo , o CCG levará a cabo un extenso programa de actividades par...

A plataforma con selo galego que avalía a escritura en nenos con necesidades educativas específicas

Imaxe
  Unha das nenas participantes no proxecto debuxa trazos co bolígrafo sensorizado O desenvolvemento cognitivo abrangue diferentes ámbitos, dende a fala ata a escritura. Isto reflicte a plataforma SPRF ( Sensorized Pen with Real-time Feedback , polas súas siglas en inglés), ideada polo investigador da Universidade Politécnica Salesiana de Ecuador,  Luis Serpa , como parte da súa tese doutoral, dirixida polos investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo,  atlanTTic ,  Yolanda Blanco Fernández  e  Martín López Nores , e na que tamén colaboraron outros membros do centro que achegaron o seu coñecemento e experiencia. “En Ecuador hai distintos centros especializados en nenos con necesidades educativas específicas (SEN, polas súas siglas en inglés)”, comenta a investigadora  Yolanda Blanco , “cos que tivemos a oportunidade de colaborar neste traballo, como o Instituto de Parálise Cerebral do Azuay (IPCA)...

O herbario de Rosalía

Imaxe
 No día de Rosalía, recomendamos "O herbario de Rosalía"  .

La Xunta celebra el Día de Rosalía de Castro con una amplia programación de actividades

Imaxe
  El director general de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta las iniciativas que se organizan con motivo de esta efeméride junto con la Fundación Rosalía de Castro El domingo, los actos oficiales tendrán lugar en Santiago de Compostela y Padrón, con la música de la agrupación  Os Carapaus  y Antía Muíño La Red de Bibliotecas Públicas de Galicia conmemora esta fecha con propuestas como cuentacuentos, muestras bibliográficas o talleres Padrón (A Coruña), 19 de febrero de 2025 La Xunta de Galicia celebrará el Día de Rosalía, que se conmemora el próximo 23 de febrero, con un amplio abanico de actividades que incluyen propuestas en las bibliotecas públicas gestionadas por el Gobierno gallego e iniciativas en colaboración con la Fundación Rosalía de Castro. Así lo anunció hoy el director general de Cultura, Anxo M. Lorenzo, en un acto que tuvo lugar en la Casa de la autora, en Padrón, junto con el presidente de la Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No acto, el represent...

Ler en papel e escribir a man... O ensino tradicional funciona

Imaxe
Estudos recentes indican que ler en papel e escribir a man axudan non só a mellorar a comprensión, senón tamén a estimular un procesamento máis profundo da información.  Convidámosvos a reflexionar sobre esta nova.

Voluntariado na Biblioteca do Xan Viaño

Imaxe
  Noa Nistal Liñares, pianista. Julia López García, saxofonista. Presentámosvos as nosas voluntarias deste ano na biblioteca do Conservatorio, que están a participar no Programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Chámanse Noa que se etá a formar como pianista e Julia que se estrea este ano co saxo. Levan tres semanas co equipo de biblioteca a aprender o que facemos nela. De momento xa coñecen como ordenamos e etiquetamos os fondos -xa sexan libros, partituras ou outro tipo de soportes- e tamén están a colaborar na actualización das etiquetas das partituras instrumentais e na dinamización das actividades que facemos na biblioteca. Moitas grazas a estas voluntarias que queren axudar a aprender o que se cociña na biblioteca do Xan Viaño !! E se alguén quere participar como voluntario o próximo curso, estade atentos ao blog .... Grazas Noa e Julia !! O Equipo de Biblioteca

Día da Ilustración 2025

Imaxe
  Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de  Castelao , celébrase o  Día da Ilustración . Esta é unha iniciativa da  Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude  en colaboración coa    Asociación de Profesionais da Ilustración  . Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é  Xosé Vizoso ,  un dos artístas gráficos máis senlleiros e prolíficos da Galicia recente. .   Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun cacompañamento da escrita. Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo do ilustrador e deseñador gráfico  Luís Sendón  autor do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e v...

Cambios nos horarios da biblioteca José Fontenla Leal, hoxe 17 de febreiro

Imaxe
 

Tal día coma hoxe: Gustavo Adolfo Bécquer

Imaxe
  A vida e a obra do poeta sevillano Gustavo Adolfo Bécquer é unha viaxe chea de luces e sombras que empezou un 17 de febreiro de 1836, unha vida breve que se vería truncada pola morte do seu irmán Valeriano, en 1870, que marcaría o final da súa propia existencia. A Gustavo Adolfo invadiulle tras ese tráxico acontecemento unha escuridade e unha amargura que fixeron a súa de existencia algo insoportable. As súas últimas palabras foron: "Todo mortal", e o seu último desexo, expresado ao seu mais íntimo amigo, foi que queimasen todas as súas cartas e publicasen os seus poemas. Seguir lendo no  National Geographic; Un poeta romántico de lenda Podes ler as súas RImas e Lendas na web do  Cervantes Virtual.

Parabéns Álex Armán, Premio extraordinario 23/24

Imaxe
Alex Armán, piano Nesta ocasión dámoslle os parabéns a Álex Armán, alumno que cursou os seus estudos profesionais de piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol, e que acaba de recibir o Premio extraordinario na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais no ámbito de música na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24. Parabéns a Álex por este merecido recoñecemento, froito de moito talento e traballo ao longo de todos estes anos no Xan Viaño. Parabéns tamén ao seu profesor de piano Miguel Sancho, que o acompañou e veu crecer dende neno como músico e como persoa.

Unha ferrolana que viaxa polo mundo coa sua frauta. Ariadna Landrove, frauta travesa.

Imaxe
  Ariadna Landrove, antiga alumna de frauta travesa, do CMUS Xan Viaño Nesta ocasión falamos de Ariadna Landrove que realizou os seus estudos no Xan Viaño, especializándose en frauta travesa. Tamén lle damos os nosos parabéns e esperamos que teña moito éxito na sua viaxe musical. Deixamos ligazón para poder ver un artigo publicado en La Voz de Galicia .

Zavala anuncia o lanzamento do seu segundo disco. Carla Romalde, antiga alumna do Xan Viaño !!

Imaxe
  Grupo Zavala coa antiga alumna do Xan Viaño, Carla Romalde, frauta travesa e canto. Da moito gusto anunciar estas novas de alumnado que pasou polo Xan Viaño e que prosiguen coa música. Neste caso, Carla Romalde, xunto cos seus compañeiros, presentan o seu novo disco Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teoría e Práctica) .  Parabéns polo novo lanzamento a este grupo musical tan valente. Esperamos que teñades moitos éxitos e que nos sigades a compartir moi boa música e talento. Deixamos aquí a ligazón para que vexades un artigo publicado en La Voz de Galicia , falando do seu novo disco. Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño

Novos fondos na biblioteca do Xan Viaño

Imaxe
NOVOS FONDOS XA CATALOGADOS MATERIAL PARA ÓBOE MATERIAL PARA FRAUTA TRAVESA MATERIAL PARA CANTO MATERIAL PARA PERCUSIÓN MATERIAL PARA CHELO MATERIAL PARA PIANO