A investigadora da USC Ana Cabana publica un libro onde analiza a política agraria do último século dende a perspectiva de xenéro Un grupo de leiteiras, viúvas de vivos emigrados a América, regresa a Carnota desde Muros, tras percorrer un camiño empedrado durante varios quilómetros. Foto: Ruth Matilda Anderson. Unha muller vella que apenas sabe ler nin escribir. Un rostro engurrado e unhas mans deformadas pola artrite, que aínda lembran como muxir as vacas, sementar os tomates e debullar os chícharos. Unha muller con mandil que pouco entende do mundo, que non saíu nunca da casa, que descoñece o que hai máis alá da súa eira. Isto é a clara construción dun estereotipo que nega a gran diversidade de mulleres que hai e sempre houbo no rural. “Moitas emigraron a Arxentina ou a Alemaña, pagaron as carreiras das fillas, entenden os xornais e sábeno todo sobre xestión agrícola”, di a investigadora Ana Cabana Iglesia , que acaba de publicar un libro no que analiza a política agraria...