Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

Novidades: Historia revisada de las mujeres

Imaxe
  No Día da Muller traemos unha novidade:  Historia revisada de las mujeres .  Unha retrospectiva ilustrada, curiosa e fenomenal da historia da humanidade — da prehistoria ata o século XXI — desde o punto de vista das mulleres e as súas vidas cotiás en diferentes culturas, épocas e circunstancias. Moitos destes importantes datos non figuran na maior parte dos libros de historia!  Un abreboca a redescubrir con rigor cosas que pensabas que sabías.

8 de Marzo Pola Igualdade

Imaxe
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller, e por iso vos traemos unha mostra de obras sobre o tema que están na plataforma E-LBE.2 : https://...

Novidades: Preparándonos para as Letras Galegas 2026 con Begoña Caamaño

Imaxe
  Os fíos de Begoña Begoña ou o pracer da amizade