Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

O sector do libro afea a "falta de apoio" da Xunta e alerta da escasa presenza do galego

Imaxe
  Galiza celebra esta cuarta feira, 23 de abril, un Día do libro "agridoce" para as librarías, as editoriais e as propias escritoras e escritores. Malia que as vendas e os índices de persoas lectoras se manteñen nos rexistros dos últimos anos, non acontece o mesmo cos libros escritos en lingua galega, cuxo peso é cada vez máis cativo dentro do sector, que urxe medidas á Xunta para reverter esta situación. Deixamos aquí a ligazón para ver esta nova completa.

Actividades no Ateneo Ferrolán. Poesía Salvaxe

Imaxe
Entre estes dous eventazos que se celebran no Ateneo Ferrolan como é a presentación do novo libro de Manolo Gonzalez e o arranque da Poesía Salvaxe , presentamos o que agardamos estea tamén á altura de tales efemérides; o primeiro disco de Arroás dun folk cen por cen galego e orixinal con 16 temas adicados a toda esta comarca de Ferrolterra. A entrada será de balde ata encher o aforo do salón de actos do Ateneo ás 19 h. Non creo que vos deixe indiferente. Como di, nin temos gaita, nin percusión tradicional. Só un pito pastoril galego, un baixo e unha voz que, agás algúns temas con letra, canta as melodías da flauta.

Programa Feira do Libro de Ferrol

Imaxe
  Se premedes sobre da imaxe , podedes atopar toda a axenda programada para a Feira do Libro que se celebrará este ano 2025 en Ferrol.

Charla informativa Probas de Acceso Grao Elemental

Imaxe
  Mostra de instrumentos e charla informativa sobre as Probas de Acceso a 1º de Grao Elemental o mércores 30 de abril ás 17:00 h. Recomendamos a asistencia dos nenos e nenas interesados. Esperámosvos con moita ilusión!

Ensaios Abertos Pequebanda e Pequeorquestra

Imaxe
  Apúntate aos ensaios abertos das nosas agrupacións de Grao Elemental e coñece os instrumentos da nosa Pequebanda e Pequeorquestra! Os nenos e nenas interesadas en asistir deben inscribirse no mail: vicedireccion.cmus.xanviano@edu.xunta.gal , especificando o día elixido. Apúntate no Xan Viaño!

Día Mundial do Libro 2025

Imaxe
Celebrando o  Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor , en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2025.   Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela,  Manuel Núñez Singala , recoñecido polo lectorado infantil e xuvenil galego co  Premio dos Clubs de Lectura 2023 .   Este agasallo ás bibliotecas escolares de Galicia, convida a  "... tremer en seguranza cun medo convulso, notar nos beizos os sabor dos labios amados... abrir un libro!".

XX Xornadas Literarias adicadas a Alfonso Daniel R Castelao

Imaxe
  A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será a protagonista da vixésima edición das Xornadas Literarias de Neda. O evento cultural, que se presentou na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol, ofrecerá entre o 24 e o 27 de abril unha visión ampla de quen para moitos é o intelectual galego máis destacado do século XX. Escritor, político, debuxante, investigador… Seguir lendo...

Presentación do libro "Llamas del destino" de Gabriela Rodríguez Sayar

Imaxe
 

INCOMODIDAD VOLUNTARIA - FRÍO

Imaxe
Lucio Anneo Séneca​   “El que siempre se protege del viento, cuyos pies están constantemente calientes y cuyas habitaciones permanecen aisladas del frio, peligrará al enfrentarse a la mínima brisa. Todos los excesos son malos, pero ninguno peor que el exceso de comodidad. Afecta al cerebro. Hace a los hombres perder la visión de la realidad y se vuelve nebulosa la separación entre lo verdadero y lo falso.” - Séneca El agua caliente es un invento reciente. Salvo que vivieran cerca de alguna terma ancestral, los primeros humanos se bañaban al natural. Estos mismos humanos conquistaron gran parte del planeta al final de la última era glacial. Nuestros genes se forjaron en la adversidad, y se deterioran con el exceso de comodidad. En una de sus cartas a Lucilio, Séneca afirmaba que inauguraba cada año bañándose el 1 de enero en las gélidas aguas del acueducto Virgo. Después se calentaba y volvía a la comodidad, pero entendía el beneficio de salir con frecuencia de su zona de confort. ...

Rutas xeolóxicas

Imaxe
  Esta semana santa, o Xeoparque de Cabo Ortegal organiza dúas XeoRutas guiadas en autobús:  - O venres 18 de abril, a XeoRuta da Costa, percorrendo a costa de Loiba. - O domingo 20 de abril, a XeoRuta do Interior, visitando Pico Ferreira, os muíños de Loureiro e unha histórica canteira de toelo. Tedes  aquí  toda a información. Dádevos présa, que as prazas son limitadas!

Novidades na biblioteca do Xan Viaño

Imaxe
 Deixamos aquí as últimas novidades que xa están catalogadas e preparadas para o servizo de préstamo. NOVIDADES DA ESPECIALIDADE DE CANTO NOVIDADES DA ESPECIALIDADE DE ÓBOE NOVIDADES DA ESPECIALIDADE DE PERCUSIÓN NOVIDADES DA ESPECIALIDADE DE PIANO NOVIDADES DA ESPECIALIDADE DE TROMPA NOVIDADES DA ESPECIALIDADE DE VIOLÍN

Amar (o como se llame)

Imaxe
Amar (o como se llame) Este libro ha nacido de un concurso para dar voz a autores nóveles de la literatura. Y ellos nos han regalado diez historias fascinantes sobre el amor en todas sus formas. Porque sí, hay muchas formas de amar, pero todavía hay muchas más formas de contar el amor. Los diez ganadores del concurso han creado, sin saberlo, un hilo entre ellos que une todo lo que significa el amor y todas las caras que tiene. El amor tiene muchos nombres y, al fin y al cabo, qué importa cómo se llame. Los ganadores del concurso nos dieron sus diferentes perspectivas sobre el amor. A través de sus relatos conocemos, no solo diferentes formas de amar, si no, también, a los propios autores. En todas estas historias queda un poso de ellos mismos. Irene Gijón Caso  por  Trepadoras Paula Cubero Timón  por  Se busca Tania Rivero Rodríguez  por  Caleidoscopio Ana Belenguer Martín  por  Pasatiempos Gonzalo Sánchez Arias  por  De los sueños ...

Ampliamos plazo para o I Concurso de Poesía organizado pola Biblioteca do CMUS Xan Viaño !!

Imaxe
Rapazada!!!  Deixamos unha semana máis de plazo para concursar, así que, tedes a semana que ven para depositar na caixa os vosas creacións.  Animádevos a participar !!!  

No mes do Libro e a Lectura: ¿Por qué leer libros nos cambia la vida?

Imaxe
No mes do Libro e a Lectura:  ¿Por qué leer libros nos cambia la vida?  

No Día Internacional da LIX: ler é vivir dúas veces..

Imaxe
No Día Internacional da LIX: ler é vivir dúas veces..  

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Imaxe
  Hoxe celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, unha data elixida en homenaxe ao famoso escritor danés  Hans Christian Andersen . E xustamente hoxe acabamos de coñecer que a escritora viguesa  Ledicia Costas  resultou gañadora do prestixioso Premio Barco de Vapor SM de Literatura Infantil. O xurado escolleu a súa obra 'Feriópolis' (SM) como a mellor do ano nesta categoría fundamentando a súa decisión por ser esta "unha obra de fantasía que dá voz ao mundo interior dos cativos en toda a súa complexidade, ofrecéndolles un refuxio".